Isi

O instinto cómico de José Manuel Rodríguez, máis coñecido como Isi, permaneceu durante anos agochado no ámbito doméstico natal ata que un bo día gañou o televisivo concurso de chistes O Rei da Comedia. Desde entón, milleiros de espectadores poden gozar na televisión, na radio ou nos escenarios da arte de Isi para convertir os momentos cotiás en memorables anécdotas coas que escachar da risa. As historias sobre a súa particular familia con tres nais e sobre os seus histriónicos veciños e o falar rápido e nervioso son a súa especialidade, sen esquecer os mellores chistes de sempre.

FOTOS

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Isi