Índice

Retrato de Isabel Garrido

Isabel Garrido

Isabel Garrido (A Coruña, 1998) é actriz e modelo.

Estudou interpretación na ESAD de Galicia e tamén realizou cursos con Jorge Coira, Carlos Sedes, Chus Álvarez ou Maika Aguado. Desde moi nova estivo vinculada á interpretación coas compañías coruñesas Casa Hamlet e Noite Bohemia, coas que representou máis de dez espectáculos. No teatro, destaca a súa participación no espectáculo Recortes, caneos e outras formas de driblar.

Ten participado en campañas publicitarias e realizado papeis como actriz de dobraxe. Traballa a nivel estatal na serie Acacias 38 e El desorden que dejas, papel polo que foi finalista a Mellor Actriz de Reparto nos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. Tamén se incorporou ao elenco de Élite, unha das máis exitosas series de Netflix creadas en España e, xa en cinema, participou en La manzana de Oro, primeira película en 17 anos do director Jaime Chávarri.

FOTOS

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Isabel Garrido