Xoel López

Xoel López (A Coruña, 1977) é cantante e compositor.

Con máis de 20 anos de traxectoria e 16 álbums de estudio, iniciou a súa carreira na coruñesa Elephant Band para logo entrar a formar parte da formación Deluxe.

Foi recoñecido como mellor artista nacional nos Premios de la Música Independiente no ano 2013 polo seu proxecto Atlántico (2012). Paramales (2015) e Sueños y Pan (2017) son algúns dos traballos do artista. Caldo Espírito (2023) é o seu último álbum.

O músico galego é o creador de “Eco”, canción orixinal para a longametraxe Amigos hasta la muerte, coproducida por Undodez e Medio Limón.

FOTOS

NOTICIAS RELACIONADAS

    Portada » Índice » Xoel López