Arturo Lezcano (Ferrol, 1976) é xornalista e produtor.
No ámbito da información traballou máis de 10 anos como corresponsal en América Latina. Na actualidade é colaborador asiduo en diferentes diarios e revistas a nivel autonómico e nacional, entre os que se encontran El País, Revista Luzes ou Jot Down. Ademais de colaborar na Cadena Ser, é o director e guionista de diversos formatos de radio para a plataforma Podium Podcast.
Como produtor, dirixe xunto a Nacho Carretero (Fariña) Ailalelo Producións, dende a que desenvolve series e documentais a partir das súas investigacións periodísticas.
No ano 2021 publica a crónica literaria que leva por nome Madrid, 1983, editado por Libros del K.O.