Josinho da Teixeira

Natural da Teixeira (O Viso, 1984), Josinho da Teixeira é percusionista e cantante do grupo Tanto Nos Ten (música tradicional furtiva), ademais de docente de percusión tradicional en diferentes asociacións. A súa relación coa regueifa xorde de xeito natural, cando xa improvisaba coplas sen coñecer moi ben ‘que era iso da regueifa’. Os mestres da Asociación Oral de Galicia foron abríndolle o camiño cara o descubrimento desta arte.

Foi docente en obradoiros de regueifa en centros de ensino de todo o país e tamén en lugares como Menorca, París ou a Sorbona, transmitindo o valor desta tradición oral a xeracións novas e a públicos diversos. Co proxecto Trioliro uniu música e regueifa en escenarios múltiples, e actualmente forma parte de Regueifa Ambulante, onde xunto con Lupe Blanco e Manolo Maseda aposta por levar a improvisación oral galega a novos espazos e públicos.

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Josinho da Teixeira
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.