Retrato de Christian Escuredo

Christian Escuredo

Christian Escuredo (O Barco de Valdeorras, 1984) é actor e cantante.

Diplomado en Educación musical pola Universidad de Valladolid, licenciado en Interpretación textual pola ESAD de Galicia e con posgrao en Pedagoxía teatral pola Univerdidade de Vigo, Christian formouse actoralmente con figuras como Juan Carlos Corazza, Eric Morris, Dora Baret e Matías Gandolfo, Bob McAndrew, W. Stanievski, Carmen Portacelli, Andrés Lima… e en creación escénica con Marta Pazos, Pablo Messiez, Marta Carrasco, Marco Layera ou Jorge H. Marín. Posúe tamén formación en danza, jazz e claqué e en canto co Estill Voice Training System.

No teatro participou nas pezas Afterglow, Romeo y Julieta, As Dunas e Recortes, caneos e outras formas de driblar, así como nos musicais Ghost en Ciudad de México, Sonrisas y lágrimas, Érase una vez, Glass City e Priscilla, reina del desierto, polo que gañou o premio a Mellor Actor Revelación nos VIII Premios del Teatro Musical e Mellor Actor Principal nos Premios Broadway World Spain 2015.

No audiovisual protagonizou o filme El silencio de los objetos de Iván Rojas e participou noutros como Assalto ao Santa María, Sin embargo, te quiero e Barreiros. Tamén formou parte do reparto de series como Fariña, Vivir sin permiso, Libro de Familia, Chegar a casa ou Cuba Libre.

FOTOS

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Christian Escuredo