Manuel Vicente

Manuel Vicente é químico e divulgador científico. Licenciado e doutorado en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, conta cun mestrado en Comunicación Científica, Médica e Medioambiental pola Universidade Pompeu Fabra.

É recoñecido polo seu proxecto persoal Efervesciencia, un programa de divulgación científica que se emite na Radio Galega desde 2006 polo que recibiu en dúas ocasións o Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación da Xunta de Galicia. Na súa labor de comunicación científica tamén participa como asesor en Conexións e como presentador en Éche Así, ambos os dous programas na TVG.

Membro da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (DivulgACCIÓN) desde a súa fundación en 2011, tamén é un dos creadores e organizadores do proxecto Regueifas de Ciencia. En 2018 gañou o III Premio Galicia de Xornalismo Científico da Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación pola reportaxe “Ondas gravitacionais que soan en galego”, publicada no Diario Cultural.

O seu traballo de divulgación chegou aos escenarios con Elemental, no que a ciencia comparte protagonismo coa música e a comedia.

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Manuel Vicente