Retrato de Evaristo Calvo

Evaristo Calvo

Evaristo Calvo Valcárcel (A Coruña, 1961) é actor, director e autor teatral. Forma parte, xunto con Víctor Mosqueira, do dúo cómico Mofa e Befa.

Con estudos na escola de Expresión Rítmica e Dramática Danthea, comezou a súa actividade interpretativa a mediados dos 70 no teatro afeccionado coruñés, participando posteriormente en numerosos grupos e compañías: Escola Dramática Galega, Teatro do Atlántico, O Moucho Clerc, Ollomol-Teatro Submarino, Centro Dramático Galego, Ollomol Tranvía ou Teatro do Aquí. En televisión participou en diversas series como Pratos Combinados, Mareas Vivas ou A miña sogra máis eu.

Conta cunha prolífica carreira sobre as táboas, que o levou a recibir o Xograr de Outono do FIOT de Carballo en 2022. Dirixe pezas como Qui pro quo (Premio María Casares a Mellor Dirección), Hotel Run ou O Montacargas, e actúa en numerosos espectáculos, destacando Un cranio furado, Anxeliños ou Un porco de pé, polos que foi galardoado nos María Casares. Recentemente, estreou a peza Pirolíticos con Mofa e Befa.

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Evaristo Calvo