Así será o Castelo Conta
Á tarde comezarán as actividades dunha das xornadas máis especiais relacionadas co humor en directo e a tradición oral dos últimos anos en Galicia. Para asistir ao Castelo Conta podes facerte coa túa entrada para a andaina, a cea e o espectáculo de monólogos, ou só para as actividades da noite…

A andaina do Castelo Conta
Espectáculos de monólogos hai moitos e moi diversos, pero se por algo se caracteriza o Castelo Conta é pola particularidade da súa programación. Ás 17.00 horas partirá do centro da parroquia de Castelo un roteiro duns cinco quilómetros que percorrerá as seis aldeas da parroquia, e no que os cómicos e humoristas acompañarán aos participantes. Nas aldeas de Xalo, Donepedre, Vilaverde e Folgueira ubicaranse improvisados escenarios nos que Evaristo Calvo e Cándido Pazó serán os encargados das contadas, antes de continuar coa ruta. Unha barra de bebidas ambulante acompañará aos camiñantes, que tamén gozarán de diferentes petiscos nas paradas.
Para repoñer forzas, unha saborosa cea…
Ao remate da andaina, contra as 21.00 horas, terá lugar na polideportiva de Castelo unha cea cun menú de auténtico luxo: mexillóns ao vapor da ría, e polo á brasa con pementos da Indicación Xeográfica Protexida da Arnoia. De fondo, música en directo, sempre en directo!
O prato forte: o espectáculo de monólogos
Contra as 22.30 subirán ao escenario Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, Pepo Suevos, David Amor, Oswaldo Digón, Federico Pérez e Carmen Méndez nun espectáculo de comedia inédito que ninguén sabe aínda o que pode deparar.
Todas as posibilidades para que non queira perder nada…
ANDAINA + CEA + ESPECTÁCULO DE MONÓLOGOS | ENTRADAS ESGOTADAS
Inclúe a participación na andaina, cun mapa e folleto do percorrido, un agasallo, pinchos e bebida durante a ruta e seguro de accidentes. Ao chegar á polideportiva, cea (mexillóns da ría e polo con pementos de Arnoia, con mesa e cadeira reservada), e espectáculo de monólogos.
CEA + ESPECTÁCULO DE MONÓLOGOS | ENTRADAS ESGOTADAS
Inclúe a cea na polideportiva (mexillóns da ría e polo con pementos de Arnoia, con cadeira reservada) e o espectáculo de monólogos.
ESPECTÁCULO DE MONÓLOGOS | 10 €
Inclúe o espectáculo de monólogos con cadeira reservada (só para a venda anticipada).
Os nenos menores de 5 anos poderán participar de xeito gratuíto tanto na andaina e poderán asistir ao espectáculo de monólogos. Na andaina estarán cubertos polo seguro de accidentes e terán acceso ao avituallamento, pero non recibirán obsequio. Tampouco terán ticket para a cea.
As entradas pódense mercar a través de Ataquilla, e tamén en Casa Rodríguez (Castelo – Culleredo) e Ainé Producións (A Coruña).
NOTICIAS RELACIONADAS
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.


