Gus e Ben arrincan 2022 na Coruña
O Centro Ágora acolle a representación de “O Montacargas” dentro das actividades do seu décimo aniversario. Será a primeira función do ano desta obra protagonizada por Santi Romay e Federico Pérez.

Unha obra mestra do xénero
Santi Romay e Federico Pérez estarán este venres 14 no Ágora da Coruña. O auditorio do centro acolle a representación dentro dos actos para conmemorar o seu décimo aniversario. O Montacargas é unha obra de Harold Pinter escrita nun só acto no ano 1957. Incluída na corrente do Teatro do Absurdo, esta versión en galego está dirixida por Evaristo Calvo.
A historia narra a situación de Ben e Gus, dous homes pechados nun cuarto miserablemente amoblado. Os personaxes discuten sobre noticias de prensa e equipos de fútbol. O diálogo dá a entender que son dous asasinos a soldo á espera de ordes, a tensión da longa espera desemboca nunha conversa intranscendente.
A historia avanza cando, por medio dun montacargas situado no cuarto, comezan a chegarlles mensaxes e pedidos que parecen ser un xeito de comunicación de persoas que habitan na parte superior da estancia na que se atopan eles. O único que saben da súa futura vítima é que aparecerá dun momento a outro.
Podes obter o teu convite na web de Ataquilla. A presentación do Certificado COVID é obrigatoria para poder acceder ao recinto.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


