Comezamos o ano do mellor xeito posible, nos teatros!
Vigo e Valladolid acollen as funcións de Somos Criminais 3 e Fariña nesta primeira semana do 2022.

Somos Criminais 3 chega a Vigo
En 2021, con todas as súas complicacións e imprevistos, puidemos volver desfrutar do público nos teatros, da risa e da sensación de comunidade e, ás veces, tamén de festa. Foi unha marabilla poder sacar adiante proxectos novos e continuar tamén cos que estaban en marcha e tiveron que parar momentaneamente, repensarse e volver con máis ganas que nunca.
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán remataban o ano en Narón do mellor xeito posible: con catro funcións cheas para presenciar o seu novo espectáculo; Somos Criminais 3. Neste inicio de 2022, chegan a Vigo, ao Teatro Afundación, coa intención de seguir levando a risa aos teatros galegos. As funcións terán lugar os días 7 e 8 de xaneiro con pases ás 20.00 e ás 23.00 horas. As entradas están dispoñibles na web.
O Teatro Calderón, primeira parada de Fariña neste 2022
Pola súa banda, Fariña viaxa o domingo 9 a Valladolid. O Teatro Calderón será a primeira parada deste ano recén estreado. Posteriormente, a obra dirixida por Tito Asorey viaxará a Málaga, Las Rozas, Getafe, Torroella de Montgrí e Getxo antes de regresar a Galicia na primavera.
Nas próximas semanas sairán á venda as entradas para esta nova xira galega. Para estar ao tanto de todas as datas e novidades podedes consultar a páxina web ou seguir as redes sociais de Fariña.

NOTICIAS RELACIONADAS
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.


