Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán volven aos teatros cun novo espectáculo
Somos Criminais 3 arrinca mañá, 4 de decembro, na Illa de Arousa un percorrido por doce localidades galegas. Trinta e tres funcións antes de rematar o ano na que averiguar se realmente somos criminais no sentido menos criminal da palabra.

Somos Criminais 3 é un novo espectáculo co que Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán regresan aos teatros neste mes de decembro. Se en Somos Criminais analizaban os métodos criminais máis autóctonos, nesta terceira entrega intentarán averiguar se realmente somos criminais, pero no sentido máis positivo da palabra. E é que Carlos e Touri tiñan claro que non querian repetir a fórmula da primeira entrega.
Nesta ocasión, a escenografía conta cunha pantalla xa que o espectáculo incorpora un apoio audiovisual en certos momentos. Somos Criminais 3 está conformado por novas historias e personaxes escritas por Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán e José L. Prieto. Tito Asorey repite como director dun espectáculo que mestura os monólogos, os sketchs… e tamén a música e o baile!
O primeiro pase terá lugar no Auditorio da Illa de Arousa este sábado 4 de decembro. O luns 6 chega ao Teatro Colón da Coruña onde terá un total de 6 pases ata o mércores 8. Esta primeira semana rematará con outros catro pases a fin de semana, 10 e 11 de decembro, en Ourense. Posteriormente chegará a Santiago de Compostela, Narón, Vigo, Lugo, Pontevedra, Burela, Vilagarcía de Arousa, Cangas e Ferrol.
Todas as datas e as entradas atópanse dispoñibles en na páxina web de Somos Criminais 3. Vémonos de novo nos teatros!
NOTICIAS RELACIONADAS
Un novo espazo dixital para seguir a traxectoria de Xosé A. Touriñán
A páxina recompila toda a información profesional do actor, director e produtor nun espazo renovado, accesible e estruturado arredor da súa traxectoria, proxectos e actividade actual.
A xira estatal do monólogo de Touriñán segue medrando e suma novas datas
O espectáculo de Xosé A. Touriñán continúa ampliando o seu percorrido fóra de Galicia cun calendario que segue incorporando funcións ao longo de 2026 e comezos de 2027.
Lamatumbá, finalista nos XIII Premios Martín Códax da Música
A banda ourensá opta ao galardón na categoría de Orquestras, Grupos e Música de Verbena, reafirmando o seu lugar como un dos grandes referentes da festa e da música popular galega.


