Chega ‘Somos Criminais 3’, o novo espectáculo de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán
- Preséntase o próximo día 4 de decembro na Illa de Arousa. O espectáculo pasará por 12 localidades galegas nos próximos meses

Logo do éxito de Somos Criminais, o espectáculo que máis entradas vendeu na historia en Galicia con máis de 50.000, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán están de volta… e media! Como segundas partes nunca foron boas, chega directamente Somos Criminais 3.
Somos criminais no sentido menos criminal da palabra? Temos unha maneira propia de ser e de estar? Somos diferentes, somos parecidos ou somos iguais aos demais? Son certos os tópicos que hai sobre nós? Estas son algunhas das preguntas ás que os dous cómicos tentarán dar resposta.
E é que en Somos Criminais 3, Carlos Blanco e Xosé Touriñán, analizan Galicia e os seus habitantes para saber como somos e para saber por que somos como somos. Un espectáculo completamente novo, que volve contar outra vez coa dirección de Tito Asorey e os textos de José L. Prieto, Carlos Blanco e Xosé A Touriñán.
Volver encher os teatros
Somos Criminais 3 aspira a continuar coa recuperación da normalidade, logo dun ano cos teatros pechados ou coa súa capacidade moi reducida, neste outono traballamos coa ilusión de recuperar as sensacións dos espectáculos en directo. A xira de Somos Criminais 3 pasará por 12 localidades galegas nos próximos meses co obxectivo de encher os teatros de público e risas.
As entradas estarán á venda na web do espectáculo a partir do día 11 de novembro.. A primeira parada será o día 4 de decembro, no Auditorio Municipal da Illa de Arousa. Despois, as funcións continuarán na Coruña, Ourense, Santiago de Compostela, Narón, Vigo, Lugo, Pontevedra, Burela, Vilagarcía de Arousa, Cangas e Ferrol.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.


