Evaristo Calvo estréase co Barrantes en Compostela
O personaxe da serie da Televisión de Galicia, Casa Manola, salta da pequena pantalla aos escenarios co seu primeiro espectáculo, Tempos do Xestal, no que fará un percorrido polas súas experiencias anos atrás e polos costumes deste novo milenio. A cita, no Dado Dadá, este venres ás 22.30.

Barrantes non é un bo exemplo para ninguén. Se o fose non sería tan divertido… Ti fai o que eu che digha e non faghas o que eu fagho. Este é o seu consello recorrente. Despois de velo en escea ninguén deixará de darlle a razón, e a primeira ocasión para facelo será este venres, no Dado Dadá de Compostela, a partir das 22.30 horas.
Evaristo Calvo volve en solitario aos escenarios cun monólogo na pel do Barrantes, o popular personaxe de Casa Manola, a serie da Televisión de Galicia. Tempos do Xestal é o título dun espectáculo no que fará unha curiosa comparación entre as súas experiencias nos anos 70 e 80 cos costumes actuais. As redes sociais, a moda, o botellón, a televisión e outros aspectos da sociedade actual non deixarán de ser analizados por este home do século pasado. Entre grolo e grolo e entre gargallada e gargallada debullará o pasado e o presente coa súa singular filosofía.
O espectáculo, que distribuirá Ainé Producións, iniciará este venres un camiño que levará a Evaristo Calvo polos escenarios de media Galicia para que ninguén sexa alleo ao particular xeito do Barrantes de entender
NOTICIAS RELACIONADAS
Unha nova etapa para ‘Territorio Regueifa’
O espectáculo de Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira ofrecerá tres funcións durante esta fin de semana en Barakaldo e Laudio. Será a primeira vez que a proposta saia de Galicia desde a súa estrea en febreiro.
Zaragoza, a próxima parada do humor de Touriñán
O humorista actuará este sábado no Teatro de las Esquinas, nun percorrido que o levará de novo a Madrid en novembro. A xira continuará en 2027 con novas funcións en Madrid, Valencia, Santander e León.
A xira de ‘Moi Animal’ continúa colgando o cartel de esgotado
A nova proposta de Xosé A. Touriñán estará este venres 30 de outubro no Auditorio Municipal de Ourense, con dous pases, ás 20.30 e ás 23.00 h. A resposta do público continúa acompañando a xira, que xa ten varias funcións completas nas próximas semanas.


