Nerea Rodríguez

Licenciada en Arte Dramático pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Comeza a súa formación teatral aos seis anos, primeiro na Escola Municipal de Teatro de Vigo e máis adiante na Sala Ártika.

Sobre as táboas inicia a súa experiencia como parte da compañía amateur Desfeita Teatro, complementando a súa formación con diversos cursos monográficos de diferentes especialidades entre os que destaca Object Score, impartido en Barcelona polo artista multidisciplinar Duda Paiva; así como clases de danza, circo, música e canto.

Ao longo da súa recente traxectoria destaca a súa participación en montaxes teatrais e espectáculos infantís con grupos como Oviravai, Ollo Piollo e a empresa de animación Barafunda.

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Nerea Rodríguez
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.