Carpin, Robin, Pegui, Merli e Ava levan a maxia do bosque a Vilagarcía
'Bibopalula · O Espectáculo' chega ao Auditorio Municipal de Vilagarcía este sábado 20 de decembro ás 17.30. Unha nova cita musical e teatral para que a cativada se mergúlle no universo da Banda do Bosque.
O regreso da Banda do Bosque continúa causando sensación entre as familias galegas. Tras a súa inauguración no Culturgal, no Pazo da Cultura de Pontevedra, Bibopalula · O Espectáculo chega este sábado 20 de decembro a Vilagarcía, cunha función pensada para nenas e nenos de 2 a 6 anos que combinará música, humor e maxia no Auditorio Municipal ás 17.30.
Durante a semana, algúns colexios da contorna recibiron a visita de Carpin, un dos paxariños da Banda do Bosque. Os nenos e nenas puideron gozar do conto de Bibopalula, da música da serie e incluso dun capítulo completo, nunha experiencia lúdica e educativa que achegou a maxia do teatro directamente ás súas aulas.
No escenario, Lidia Veiga encarna novamente a Ava, guía dunha aventura chea de misterio, aprendizaxe e descubrimentos naturais. Xunto a ela, Robin, Carpin, Pegui e Merli (interpretados por Cristina Andrade, Graciela Carlos, Sara Ferro e Nerea Rodríguez) exploran os segredos do bosque, descubrindo fenómenos naturais e aventuras emocionantes. A función combina doce cancións orixinais, humor, tenrura e unha estética inmersiva, consolidando Bibopalula como unha proposta teatral de referencia para o público infantil en galego.
Esta actuación en Vilagarcía será a oportunidade perfecta para que as familias vivan en directo o universo da serie e compartan unha experiencia cultural e divertida xuntas. As entradas tanto para a función deste sábado 20 de decembro en Vilagarcía como para as próximas paradas na Coruña (28 de decembro) e Vigo (2 de xaneiro) están dispoñibles na web oficial: www.bibopalula.gal/espectaculo.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.



