Sara Ferro (1994) é graduada en Interpretación Textual na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (2020).
Comeza a súa carreira profesional no mundo do cine coa longametraxe Eles transportan a morte, dirixida por Helena Girón e Samuel M. Delgado, estreada na Settimana Internazionale della Critica de Venecia no ano 2021. Participa tamén en varias curtametraxes de directoras emerxentes galegas como Somos Cárcere de Irene Pin, Lique de Anita Pico ou Ratiña de Alicia Úbeda.
Sobre as táboas forma parte do elenco de Soños (2023), montaxe dirixida por Tamara Canosa a partir dun texto de Fernando Epelde; e da montaxe do CDG Os actos e as profecías.






