Vadim Yukhnevich

Vadim Yukhnevich (Minsk, 1978) é un polifacético músico e compositor bielorruso afincado desde hai décadas en Galicia.

Vadim Yukhnevich ten unha carreira artística que el mesmo define coma unha “montaña rusa”. Naceu e criouse en Bielorrusia, formouse como músico clásico de acordeón e marchou ao estranxeiro tocando nas rúas de toda Europa ata chegar a Galicia.

Leva xa anos asentado en Galicia, dedicándose ao ensino e á musica. Tamén ten participado en numerosos proxectos teatrais, comezando a súa relación co mundo escénico coa compañía Escénate, para continuar con Sarabela Teatro, ilMaquinario Teatro, Teatro do Atlántico, Berrobambán ou a Compañía Nacional de Teatro Clásico, entre moitas outras.

Acadou o Premio María Casares á Mellor Música Orixinal en tres ocasións polos seus traballos en Manawee (Matrioshka Teatro), Resaca (ilMaquinario Teatro) e por A conquista da escola de Madhubai (Teatro do Atlántico).

FOTOS

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Vadim Yukhnevich
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.