‘Continente María’ retoma a súa xira con funcións en Ferrol, Vimianzo e Vigo
O espectáculo sobre a figura de María Casares dirixido por Tito Asorey e protagonizado por Melania Cruz e Vadim Yukhnevich suma máis de trinta representacións.
‘Continente María’ volve aos escenarios máis dun ano despois das súas últimas funcións o mes de febreiro do pasado ano en Montevideo. O espectáculo escrito pola dramaturga Marianella Morena e dirixido por Tito Asorey retoma a xira coa que percorre desde maio do 2022 diferentes teatros e auditorios de toda Galicia, e que tamén foi representado tamén en Madrid, Valladolid, Alcorcón, así como nas cidades colombianas de Bogotá, Medellín ou Manizales.
Melania Cruz e Vadim Yukhnevich levarán nestas semanas o legado de María Casares ao Tetro Jofre de Ferrol (21 de marzo), a Casa da Cultura de Vimianzo (29 de marzo) ou a Sala Ártika de Vigo (3 e 4 de maio), en tres novas oportunidades para coñecer a figura da actriz coruñesa a través dunha emocionante viaxe por distintas pasaxes da súa vida.
As entradas para as representacións nas tres localidades pódense mercar a través de www.continentemaria.gal, onde tamén é posible acceder a máis información sobre o espectáculo, producido por Ainé e A Quinta do Cuadrante, o Concello da Coruña e o Centro Dramático Galego.
NOTICIAS RELACIONADAS
Xosé A. Touriñán presenta ‘Moi Animal’, o seu novo monólogo
O humorista estrea unha nova proposta escénica arredor da nosa relación cos animais e das contradicións da especie humana. A xira comezará en outubro e percorrerá once localidades galegas.
A Coruña acolle a programación do Noroestiño, a proposta familiar do 39º Festival Noroeste Estrella Galicia
A programación infantil do Festival Noroeste Estrella Galicia volverá aos Xardíns de Méndez Núñez do 5 ao 9 de agosto con sete propostas de música e artes escénicas para público familiar.
Xa á venda as entradas para a función especial de ‘Amoriños’ no Festival Noroeste Estrella Galicia
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo chega o vindeiro 9 de agosto ao Parque de Santa Margarida cunha función especial dentro da 39º edición do Festival Noroeste Estrella Galicia. As entradas xa están dispoñibles.



