‘Aquí Tou!’, o monólogo de Xosé A. Touriñán, programa oito novas funcións esta primavera
O espectáculo estará en Melide, Madrid, Sanxenxo, Cee, Ourense, O Carballiño, Lugo e Ponteareas ata o 25 de maio. As entradas poden mercarse a través de www.aquitou.gal, onde tamén está o resto da información sobre espazos e horarios.
Xosé A. Touriñán multiplica a súa axenda de actuacións para os próximos meses, desta volta cunha nova xira do seu monólogo. Aquí Tou! percorrerá sete teatros e auditorios galegos e visitará o Teatro Arlekin de Madrid o 5 de abril, na que será a primeira actuación do actor co seu espectáculo en solitario fóra de Galicia.
A programación abrirase o 4 de abril en Melide, no Centro Sociocultural Mingos de Pita, e logo da visita á capital do estado, continuará o venres 25 en Sanxenxo (Auditorio Emilia Pardo Bazán). Xa en maio, estará en Cee o venres 10, en Ourense o sábado 11, e pechará a xira con tres actuacións consecutivas os días 23, 24 e 25 no Carballiño, Lugo e Ponteareas respectivamente.
En Aquí Tou!, Touriñán fai un percorrido pola súa vida: desde a súa concepción nunha noite de San Xoán, ata un posible epitafio. Momentos importanes do seu camiño vital cos que sentirse identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa particular biografía, chea de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, levárono a ser que hoxe é.
Todas as datas e entradas
- 26 Set
- O Porriño
- Aquí Tou!
- Mercar entradas
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.



