Retrato de Tito Asorey nun ensaio da obra 'Continente María'

Tito Asorey

Tito Asorey (Ourense, 1977) é actor e director, tendo traballado xa en máis de sesenta producións. Desenvolve a súa dobre faceta como actor e director de escena, á vez que continúa a traballar no eido audiovisual.

Desde 2016 centra o seu interese no teatro documento e na autoficción, creando espectáculos como Resaca (merecedora de catro Premios María Casares, candidato aos Premios Max, programado no Festival Chantiers d’Europe de París), O empapelado amarelo; Fariña, o espectáculo teatral (polo que foi candidato ao premio nacional de dirección pola Asociación de Directores de Escena de España) ou A lúa vai encuberta (peza gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais). Entre as obras máis recentes como director atopamos Continente María, Recortes, caneos e outras formas de driblar e Códice K.

Como produtor, é cofundador das compañías ilMaquinario Teatro e A Quinta da Cuadrante. Tamén ten exercido como docente na aula de Teatro da Universidade de Vigo, na da Universidade de Santiago de Compostela e en diferentes asociacións culturais e centros de ensino.

FOTOS

Foto de familia da pressentación de 'Códice K' no Museo das Peregrinacións de Santiago
Presentación da obra 'Códice K' en Santiago de Compostela. Ao redor do cartel, de esquerda a dereita, Patricia Castrillón, Álvaro Pérez Becerra, Xocas López, Tito Asorey, Lucía Veiga, Jacobo Sutil, Graciela Carlos, Manuel Cortés e Marita Martínez
Equipo de 'Continente María' ao final da estrea da peza

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Tito Asorey
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.