‘Somos Criminais e punto final’ amplía funcións
A xira do espectáculo de Carlos Blanco e Touriñán suma novos pases en Vigo e Pontevedra. A próxima parada será o 16 de decembro en Cangas, onde xa non quedan entradas dispoñibles.
O espectáculo Somos Criminais e punto final, protagonizado por Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán, continúa o seu percorrido por Galicia e trae novidades importantes para os seus seguidores. Despois das paradas exitosas en Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa, a obra, dirixida por Tito Asorey e con textos de José L. Prieto, Touriñán e Blanco, segue a súa xira cun espectáculo que ten como misión entreter ao público mentres os cómicos loitan por preservar o patrimonio cultural galego da fin do mundo.
A próxima parada será en Cangas o próximo sábado 16 de novembro, mais xa se esgotaron todas as localidades dispoñibles para as dúas funcións programadas. Ante o éxito e o bo recibimento do público, ampliamos a programación con novas funcións en Vigo e Pontevedra para os meses de decembro e xaneiro.
No Teatro Afundación de Vigo, o espectáculo representarase entre o 20 e o 21 de decembro, engadindo un novo pase ás 23:00 o día 20. No Auditorio Sede Afundación de Pontevedra, tamén se engadiu unha función ás 23:00 o 11 de xaneiro. Carlos Blanco e Touriñán estarán na cidade pontevedresa o 11 e 12 do primeiro mes do ano.
Somos Criminais e punto final tamén se representará en Ourense, Lugo, Burela, A Coruña e Narón. Consulta todas as datas e merca as túas entradas en somoscriminais.gal e na plataforma Ataquilla.
Unha viaxe á fin do mundo en dirección a un novo planeta
A nova función presentouse con gran éxito en Santiago de Compostela, esgotando todas as entradas para a estrea no Auditorio de Galicia. Este espectáculo, que despide seis anos de xira coas súas edicións anteriores, combina momentos cómicos con dramatizacións.
NOTICIAS RELACIONADAS
Unha nova etapa para ‘Territorio Regueifa’
O espectáculo de Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira ofrecerá tres funcións durante esta fin de semana en Barakaldo e Laudio. Será a primeira vez que a proposta saia de Galicia desde a súa estrea en febreiro.
Zaragoza, a próxima parada do humor de Touriñán
O humorista actuará este sábado no Teatro de las Esquinas, nun percorrido que o levará de novo a Madrid en novembro. A xira continuará en 2027 con novas funcións en Madrid, Valencia, Santander e León.
A xira de ‘Moi Animal’ continúa colgando o cartel de esgotado
A nova proposta de Xosé A. Touriñán estará este venres 30 de outubro no Auditorio Municipal de Ourense, con dous pases, ás 20.30 e ás 23.00 h. A resposta do público continúa acompañando a xira, que xa ten varias funcións completas nas próximas semanas.



