Xosé A. Touriñán forma parte de ‘Rondallas’, a sexta película de Daniel Sánchez Arévalo
Os municipios pontevedreses de Oia, A Guarda, Baiona, Tui e Vigo convertéronse nos escenarios principais na rodaxe do filme
Foto de Jorge V. Landín cedida por Atlántico. Ver a galería completa
Daniel Sánchez Arévalo, director de películas como Azul oscuro casi negro (2006), Primos (2011) e Diecisiete (2019), regresa cun novo proxecto cinematográfico. Nesta ocasión, as localizacións escollidas para retratar a súa sexta produción inclúen os municipios de Oia, A Guarda, Baiona, Tui e Vigo, así como o emblemático local guardés O Fuscalho.
Xosé Antonio Touriñán comparte rodaxe cun elenco no que atopamos a Javier Gutiérrez, María Vázquez, Tamar Novas, Carlos Blanco, Judith Fernández, Fer Fraga e Marta Larralde. O cómico volve á gran pantalla logo do éxito de +Cuñados (2024), Amigos hasta la muerte (2023) ou Cuñados (2021).
A película narra a historia dunha pequena vila mariñeira que, marcada polo loito tras un tráxico naufraxio, decide recuperar a ilusión organizando unha rondalla, un grupo musical tradicional no que participarán desde nenos ata anciáns, competindo contra outras aldeas.
Rondallas é unha produción de Mister Fields and Friends, Bambú Producciones e Rondallas Movie A.I.E. que conta co apoio de Movistar Plus+, RTVE e Televisión de Galicia. Ademais, recibe financiamento do ICAA, Agadic e a Xunta de Galicia, así como a colaboración da Deputación de Pontevedra.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.



