Laura Mahía (Santiago de Compostela, 1995) é deseñadora gráfica, ilustradora e directora de arte. Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, Laura Mahía formouse posteriormente en ilustración e animación na Universidade de Kingston, en Londres, e en Motion Graphics na Lightbox Academy.
A pesar da súa xuventude, o seu portfolio conta con numerosos traballos de animación para marcas como Deleite ou ABANCA. Ademais, é responsable da imaxe e deseño do proxecto transmedia Xeosónica, así como do deseño gráfico e a dirección de arte do Castelo Conta. Tamén realizou proxectos de ilustración para o Concello de Coruña e marcas como Gadis ou Deleite. É tamén a responsable da dirección de Bechos, primeira serie de animación de Undodez para a Televisión de Galicia.
FOTOS
NOTICIAS RELACIONADAS
-
‘Bibopalula · O Espectáculo’: o universo da Banda do Bosque regresa ao teatro
via taboas.gal -
‘Bibopalula’ viaxa ao mundo da man de Digitoonz Spain
via undodez.gal -
Os primeiros episodios da serie de animación musical ‘Bibopalula’ xa están dispoñibles
via undodez.gal -
Chega ‘Bibopalula’, a primeira serie musical de animación en galego
via undodez.gal -
‘Bechos’ recibe o premio Deleite á promoción da lingua
via undodez.gal -
‘Bechos’ súmase á nova app do Xabarín!
via undodez.gal -
Presentamos ‘Bechos’ no Castelo Conta!
via undodez.gal












