‘Corentena · Game Over’ encherá tres funcións na Coruña
O Auditorio Gaviota de Palexco recibirá a máis de catro mil persoas a próxima fin de semana no regreso de Xosé A. Touriñán e David Perdomo coa segunda parte do seu espectáculo xuntos.
Xosé A. Touriñán e David Perdomo esgotarán entradas unha vez máis na Coruña. Desta volta, con Corentena · Game Over, o seu novo espectáculo xuntos, que é á vez a segunda parte da proposta teatral que idiaron logo da pandemia, cando reunían cada noite a decenas de milleiros de galegas e galegos nos seus directos no Instagram.
Agora os cómicos coruñeses regresan aos escenarios co primeiro videoxogo-espectáculo, no que participa o público, multiplícase a presenza de personaxes, e cada función é unha divertida viaxe na busca do antítodo definitivo contra futuras epidemias. Pontevedra, Ourense e Burela xa tiveron ocasión de desfrutar da nova versión de Corentena, enchendo todos os pases programados.
O Auditorio Gaviota de Palexco (A Coruña) prepárase para recibir de novo a Touriñán e Perdomo por partida triple: están previstas funcións o sábado 29 ás 19.00 e ás 21.30 horas (coas entradas xa esgotadas), e o domingo 30 ás 18.00 horas, o único pase para o que aínda é posible mercar localidades. Logo da visita á Coruña a xira completarase coas representacións previstas en Vilalba (11 de abril), Vigo (12 de abril), O Grove (2 de maio) e Lugo (6 de xuño).
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán chega hoxe a Vilalba con ‘Moi Animal’
O Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá dúas funcións do novo monólogo do humorista, que aborda en clave de comedia a nosa relación cos animais e as contradicións da especie humana.
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.



