‘Comicamente’ levará esta semana o bo humor a Lugo e Ourense
Haberá dous pases en cada cidade ante a gran demanda de entradas
Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, David Amor, Lucía Veiga e Pepo Suevos son os protagonistas desta semana

Logo de recibir máis de 6.000 espectadores a pasada fin de semana, Comicamente chega agora a Lugo e Ourense. As funcións de Nigrán, A Coruña e Santiago esgotaron as localidades para todos os pases, ao igual que sucedera previamente en Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo e Ferrol.
Este venres, 3 de setembro, Comicamente estará no Paseo Fluvial do Miño en Lugo. Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, David Amor e Lucía Veiga farán dous pases, ás 19.00 e ás 22.00 horas. Para este último, as entradas están esgotadas desde o domingo pasado, para o das 19.00 horas aínda quedan entradas dispoñibles. A música virá nesta ocasión da man da dj Toccororo.
O domingo, o ciclo chegará á cidade de Ourense. A explanada do Auditorio Municipal será o lugar onde se instale o escenario de Comicamente. Touriñán, Carlos Blanco, David Amor, Pepo Suevos e Lucía Veiga serán os protagonistas desta noite de humor que contará coa música de Toccororo. As entradas para a sesión das 22.00 horas están esgotadas, pero aínda se poden mercar para a das 19.00 horas en comicamente.gal e na web de Ataquilla.
Fin de festa
O ciclo, organizado por Ainé, Condetrespés e Etiqueta Negra, rematará a próxima semana coas funcións de Pontevedra e Lalín. Finalizará así unha xira que pasou por 12 localidades con gran resposta do público.
Carlos Blanco, Xosé Touriñán, Luis Piedrahita, Lucía Veiga, David Amor, David Perdomo, Ledicia Sola, Celso Sanmartín, Marita Martínez, Oswaldo Digón, Carmen Méndez e Pepo Suevos encargáronse de levar o bo humor e as dj’s Russinha e Toccororo de poñer música a esta festa. Comicamente está incluído dentro dos eventos culturais de promoción do Xacobeo 21-22.
NOTICIAS RELACIONADAS
Lamatumbá gaña o Premio Martín Códax da Música na categoría de Orquestras, Grupos e Música de Verbena
A banda ourensá vén de ser recoñecida na XIII edición dos Premios Martín Códax da Música, nun momento marcado polo regreso aos escenarios coa proposta ‘LAMATUMBÁ… E XA ESTÁ!’.
‘Amoriños’ despídese na Coruña cunha intensa fin de semana de seis funcións
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo chega ao seu gran peche de xira no Teatro Colón. Entre o 5 e o 7 de xuño ofrecerán seis funcións, das que só queda dispoñibilidade para a derradeira sesión do domingo ás 20.30.
‘Amoriños’ encara a súa recta final cunha intensa fin de semana en Pontevedra
O espectáculo de Touriñán e Perdomo entra no último tramo da súa xira de primavera tras máis de dous meses de funcións por Galicia.


