Xosé A. Touriñán e Javier Veiga viaxan á Coruña do Imperio Romano
Protagonizan 'Coruna Vadis', a nova curtametraxe para a promoción turística da cidade, producida por Medio Limón en colaboración con Undodez. A peza suma decenas de miles de reproducións e segue o camiño de 'Ao noroeste do Oeste', convertida nun auténtico fenómeno publicitario o pasado ano.
Son Cayo e Quinto, habitan a Coruña de principios do século II, e un ten moito que contarlle ao outro. Entre outras cousas, as técnicas construtivas da Torre de Hércules, o papel de Augusto César na cidade, ou a historia dun verdadeiro emperador chamado Amancio.
Xosé A. Touriñán e Javier Veiga son os protagonistas de Coruña Vadis, o anuncio co que o Concello da Coruña presenta a súa estratexia turística para este ano, estreado esta fin de semana en nas principais redes sociais. Unha curtametraxe que segue os pasos de Ao noroeste do Oeste, o filme de vaqueiros que o pasado ano viron case cento cincuenta mil persoas só en YouTube, e que se convertiu nun auténtico fenómeno publicitario.
Producido por Medio Limón coa colaboración de Undodez, rodouse na Coruña a principios de xaneiro, cun equipo de máis de trinta persoas e coa dirección e o guión de Javier Veiga. A praia do Orzán, a Torre de Hércules, a Cidade Vella, ou a ensenada vista desde Riazor foron algúns dos escenarios escollidos, acompañados por distintas estampas doutros puntos da cidade, ilustradas pola grafista galega Isabel Vila.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.



