Ainé apóiase na intelixencia artificial para mellorar as accións de marketing dos seus espectáculos
A produtora desenvolve un sistema avanzado de análise de datos a través das axudas IA360 do Instituto Galego de Promoción Económica para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da Intelixencia Artificial, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Ainé rematou o pasado ano implantando nos seus procesos de marketing un sistema de intelixencia artificial deseñado para mellorar a planificación de campañas de marketing cultural mediante a análise avanzada de datos e o apoio á toma de decisións.
A ferramenta integra información procedente de distintas fontes, como o comportamento do público, os resultados de campañas anteriores e os datos de venda de entradas. A partir desta base, o sistema aplica modelos predictivos de machine learning que permiten identificar patróns, segmentar audiencias e estimar o impacto de diferentes accións de comunicación.
Un dos elementos diferenciais do proxecto é a incorporación dun asistente de intelixencia artificial xerativa, accesible desde un entorno web, que traduce os resultados técnicos en recomendacións comprensibles para o equipo de marketing. Deste xeito, o sistema facilita a análise de escenarios e a optimización de campañas sen necesidade de coñecementos técnicos avanzados.
Concíbese como unha ferramenta práctica para o sector cultural, orientada a mellorar a eficiencia das campañas, optimizar recursos e reforzar a conexión co público. A súa implantación permite avanzar cara a unha xestión baseada en datos, mantendo sempre o criterio profesional na toma de decisións.
O proxecto foi desenvolvido por Ainé como parte da súa estratexia de innovación e transformación dixital, co obxectivo de incorporar a intelixencia artificial aos procesos habituais de planificación e análise no ámbito cultural.
O Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia financia a iniciativa a través das axudas IA360 para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da Intelixencia Artificial, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.



