12 novas Pequenas Coincidencias, agora para escoitar
Logo do éxito das tres temporadas de Pequeñas Coincidencias en Amazon Prime Video, Javier Veiga e Marta Hazas lanzan Otras Pequeñas Coincidencias, un formato en podcast en exclusiva para Audible.es.

Otras Pequeñas Coincidencias
Marta Hazas e Javier Veiga volven estar rodeados de múltiples e improbables casualidades en Otras Pequeñas Coincidencias, un podcast orixinal de Audible. A parella repite experiencia logo do éxito da serie Pequeñas Coincidencias en Amazon Prime. A que foi a primeira serie española de Prime Video, estreou este ano a súa terceira e derradeira temporada, na que Xosé A. Touriñán volveu interpretar o papel de Rafa.
Marta e Javi charlarán xunto co seu amigo Nacho (interpretado por Juan Ibáñez) con outras 12 parellas ao longo de 12 capítulos de 20 minutos. Neles descubrirán as historias de amor de parellas reais coa axuda do seu amigo Nacho e intentarán coñecer a orixe do amor, a evolución e eses puntos de boa e mala sorte. En palabras de Marta “Otras Pequeñas Coincidencias é a escusa perfecta a través dos nosos personaxes (Nacho, Marta e Javi) de poder preguntar á xente polas súas historias reais, por como se coñeceron esas parellas e, desta maneira, tampouco quedas de laretas”. Engade a actriz que “sempre dá curiosidade saber como se coñecen as parellas, logo decatámonos de que todos coñecimos á nosa parella por unha serie de coincidencias, de circunstancias que parecen sacadas dunha ficción”.

Unha historia exitosa
Nesta comedia romántica, cuxa terceira temporada estreouse o pasado febreiro, a historia de amor de Marta e Javi é froito dunha serie de pequenas coincidencias que os fixeron acabar xuntos. Estas casualidades do destino poden ser o nexo entre as historas de amor no mundo real e as das comedias. Javier Veiga pensa que “casi todas as relacións de parella comezan con algo realmente complexo, con historias máis ou menos rocambolescas”.
A serie está producida por Atresmedia, Onza e Medio Limón, produtora de Javier Veiga e Marta Hazas coa que Ainé leva anos traballando en tarefas de produción. Logo destas tres exitosas tempadas en Prime Video, as pequenas coincidencias dan o salto ao formato podcast.
Someone Out There
Logo de que a Covid19 paralizase o proxecto, a NBC reactivou neste 2021 o piloto da versión norteamericana da serie. Gabrielle Dennis será a protagonista feminina nun proxecto comandado por Matt Hubbard, creador de Forever. Esta adaptación da comedia orixinal de Javier Veiga aínda non ten data de estrea, pero estímase que será un dos pilotos da nova temporada de outono.

NOTICIAS RELACIONADAS
‘Amoriños’ amplía a súa segunda xira con novas datas e funcións
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo suma novas paradas na súa xira de primavera, incluíndo no percorrido a Vilagarcía, Santiago, Ourense, Cee e Narón.
Xosé A. Touriñán inicia este venres o percorrido estatal do seu monólogo
O cómico actúa esta semana no Teatro Arlequín Gran Vía, primeira parada dunha serie de funcións que o levarán tamén por Bilbao, Barcelona e Oviedo nos próximos meses.
‘Amoriños’ prepárase para unha primavera de amor sobre as táboas
Tras unha primeira xira con funcións esgotadas, Touriñán e Perdomo regresarán no mes de marzo coa súa última proposta, un espectáculo de citas tolas, improvisación e moito corazón.


