‘Códice K’ regresa ao Teatro Colón
O espectáculo dirixido por Tito Asorey volve á Coruña o 19 de xaneiro logo do cheo absoluto da función de setembro. As últimas entradas están á venda en codicek.gal e na web de Ataquilla.
O que nunca se soubo na historia do roubo do Códice Calixtino, contado polas mulleres que circunvalaron o caso e coa forma dun true crime. Iso é o que atopa o espectador que se achega a ‘Códice K‘. Un espectáculo con moita música e no que o humor é a ferramenta coa que indagar nun dos sucesos máis rocambolescos da nosa historia recente.
Logo do éxito de público acadado no mes de setembro, cun cheo absoluto no Teatro Colón, o espectáculo dirixido por Tito Asorey regresa á cidade da Coruña onde realizará unha única función o venres 19 ás 21.00 horas. As últimas entradas están á venda en codicek.gal e na páxina web de Ataquilla.
‘Códice K’ é unha comedia escrita por Manuel Cortés e interpretada por Lucía Veiga, Marita Martínez, Graciela Carlos e Patricia Castrillón e que conta coa música en escena de Russ. Desde a súa estrea na primavera de 2023, o espectáculo xirou por Galicia, regresando neste 2024 aos teatros. A da Coruña será a primeira función do ano.
Consulta as datas de 2024
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.



