‘Corentena’ chega a Vilalba e O Grove con todas as entradas esgotadas
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo encherá os catro pases das dúas localidades
Os cómicos Xosé A. Touriñán e David Perdomo volverán colgar o cartel de non hai entradas co seu espectáculo ‘Corentena’. O seu show único encherá os dous pases do 26 de xaneiro en Vilalba (Auditorio Carmen Estévez) e os outros dous que farán o 27 de xaneiro no Grove (Auditorio Municipal).
Desta forma continúan cunha xira que non deixou de encher teatros e auditorios desde o seu inicio, tal e como proba a última data en Noia, onde tamén esgotaron entradas o pasado 13 de xaneiro. Logo de pasar polo concello vilalbés e mais o grovense, Touriñán e Perdomo chegarán á Casa Cultura de Burela o próximo 3 de febreiro para unha función que está a piques de esgotar entradas. O mes de febreiro complétase con outras dúas datas: o 17 e 18 de febreiro en Ponteareas (Auditorio Reveriano Soutullo).
Podes comprar as entradas e consultar outras datas en corentena.gal e na páxina web de Ataquilla.
Un espectáculo nacido no confinamento
Touriñán e Perdomo recuperaron en ‘Corentena’ aquelas conversas a través de Instagram que tanta atención concentraron no confinamento. Agora levan aqueles personaxes e ocorrencias aos escenarios aproveitando unha capacidade de improvisación única. Os dous cómicos tiran de habilidade para facer que cada función sexa distinta e, por tanto, irrepetible para o público.
NOTICIAS RELACIONADAS
Unha nova etapa para ‘Territorio Regueifa’
O espectáculo de Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira ofrecerá tres funcións durante esta fin de semana en Barakaldo e Laudio. Será a primeira vez que a proposta saia de Galicia desde a súa estrea en febreiro.
Zaragoza, a próxima parada do humor de Touriñán
O humorista actuará este sábado no Teatro de las Esquinas, nun percorrido que o levará de novo a Madrid en novembro. A xira continuará en 2027 con novas funcións en Madrid, Valencia, Santander e León.
A xira de ‘Moi Animal’ continúa colgando o cartel de esgotado
A nova proposta de Xosé A. Touriñán estará este venres 30 de outubro no Auditorio Municipal de Ourense, con dous pases, ás 20.30 e ás 23.00 h. A resposta do público continúa acompañando a xira, que xa ten varias funcións completas nas próximas semanas.



