Abrimos novas funcións de ‘Corentena’ na Coruña, Santiago e Pontevedra
Máis de 22.000 espectadores xa viron o espectáculo de David Perdomo e Xosé A. Touriñán desde a súa estrea. A xira continurá ata o verán, pasando polas principais cidades e vilas galegas.
Logo de encher as seis funcións programadas en xaneiro, ‘Corentena‘ afronta a primeira parada de febreiro coas entradas para Burela practicamente esgotadas, mesmo caso en Ponteareas, onde xa non hai localidades dispoñibles para dúas das tres funcións previstas para os días 17 e 18 de febreiro.
Ante esta gran demanda de entradas, abrimos novos pases para as funcións de Pontevedra, o 18 de maio ás 22.30 h, Santiago de Compostela, o 26 de maio ás 17.00 h, e unha cuarta función para A Coruña, o 1 de marzo ás 23.00 horas no Auditorio Palexco.
Logo das funcións de febreiro de Burela e Ponteareas e as da Coruña no inicio de marzo, o espectáculo fará unha pausa na xira ata mediados de abril, onde retomará a viaxe en Vigo. Perdomo e Touriñán continuarán con ‘Corentena‘ ata o 8 de xuño, onde pecharán unha exitosa xira en Lugo, no Auditorio Gustavo Freire.
Consulta todas as datas
NOTICIAS RELACIONADAS
Unha nova etapa para ‘Territorio Regueifa’
O espectáculo de Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira ofrecerá tres funcións durante esta fin de semana en Barakaldo e Laudio. Será a primeira vez que a proposta saia de Galicia desde a súa estrea en febreiro.
Zaragoza, a próxima parada do humor de Touriñán
O humorista actuará este sábado no Teatro de las Esquinas, nun percorrido que o levará de novo a Madrid en novembro. A xira continuará en 2027 con novas funcións en Madrid, Valencia, Santander e León.
A xira de ‘Moi Animal’ continúa colgando o cartel de esgotado
A nova proposta de Xosé A. Touriñán estará este venres 30 de outubro no Auditorio Municipal de Ourense, con dous pases, ás 20.30 e ás 23.00 h. A resposta do público continúa acompañando a xira, que xa ten varias funcións completas nas próximas semanas.



