Touriñán sae de novo de xira con ‘Aquí Tou!’
O cómico presenta o seu monólogo en seis cidades que se suman ás 12 funcións do ano pasado. As entradas están á venda en aquitou.gal e na páxina web de Ataquilla.
O ano pasado, Xosé A. Touriñán percorreu Galicia con ‘Aquí Tou‘, un monólogo no que reflexiona sobre os momentos chave da súa vida e sobre as casualidades que o levaron a onde está e que fixeron que sexa como é. Logo de presentalo no recén estreado auditorio do Grove, o espectáculo viaxou por Burela, Noia, Ponteareas, Cangas, Lalín, Catoira, Fene, Sarria, Vigo e A Coruña, onde encheu dúas funcións no Teatro Colón e outras dúas no Auditorio Palexco.
Neste comezo de 2023, ‘Aquí Tou!’ regresa aos teatros con datas programadas para Vigo -para a que xa non quedan entradas dispoñibles-, Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela, Ourense, Lugo e Ferrol. As entradas están dispoñibles en aquitou.gal e na web de Ataquilla.
Consulta todas as datas
NOTICIAS RELACIONADAS
Unha nova etapa para ‘Territorio Regueifa’
O espectáculo de Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira ofrecerá tres funcións durante esta fin de semana en Barakaldo e Laudio. Será a primeira vez que a proposta saia de Galicia desde a súa estrea en febreiro.
Zaragoza, a próxima parada do humor de Touriñán
O humorista actuará este sábado no Teatro de las Esquinas, nun percorrido que o levará de novo a Madrid en novembro. A xira continuará en 2027 con novas funcións en Madrid, Valencia, Santander e León.
A xira de ‘Moi Animal’ continúa colgando o cartel de esgotado
A nova proposta de Xosé A. Touriñán estará este venres 30 de outubro no Auditorio Municipal de Ourense, con dous pases, ás 20.30 e ás 23.00 h. A resposta do público continúa acompañando a xira, que xa ten varias funcións completas nas próximas semanas.



