Manuel Cortés, finalista nos Premios María Casares polo texto de ‘Códice K’
Os gañadores dos premios, organizados pola Asociación de Actrices e Actores de Galicia, coñeceranse na gala que terá lugar o 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
A Asociación de Actrices e Actores de Galicia deu a coñecer, nun acto celebrado no Auditorio de Galicia, as obras e profesionais finalistas da XXVIII edición dos Premios María Casares de Teatro. En total, 19 obras competirán por facerse co galardón e, entre elas, aparece ‘Códice K‘.
Manuel Cortés opta ao María Casares a mellor texto orixinal polo seu labor en ‘Códice K‘. Un espectáculo no que o actor, poeta e dramaturgo achégase ao roubo do Códice Calixtino desde os códigos do televisivo true crime. O espectáculo, estreado en marzo de 2023, vén de completar unha extensa xira por toda Galicia na que obtivo unha boa acollida por parte do público, enchendo en dúas ocasións o Teatro Principal de Santiago, o Teatro Colón da Coruña e unha función no Auditorio de Galicia.
Nesta edición dos María Casares, na que concorrían máis de 47 espectáculos e 350 profesionais, Manuel Cortés optará ao premio a mellor texto orixinal xunto con Gustavo del Río, por ‘Mosca’, e Laura Porto, por ‘A nai’. Os gañadores coñeceranse na gala que se celebrará o 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, moita sorte a todos os finalistas.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.



