Marta Doviro, Federico Pérez e Touriñán, protagonistas da nova edición dos Monólogos R
Baixo o título de 'Ignorancia Artificial', os tres cómicos protagonizan a proposta deste ano. O Auditorio Mar de Vigo e o Auditorio Palexco da Coruña acollerán as funcións.
A Intelixencia Artificial leva meses en boca de todo o mundo. Un avance tecnolóxico que non deixa de sorprender, asustar, crear ferramentas para mellorar procesos, facer parodias, replicar contidos, confundir… como sempre, hai voces expertas que alertan ou se entusiasman, pero como como con todos os grades asuntos sempre fai falta que falen os cómicos, que poñen no seu sitio as cousas que non entendemos ou non de todo, polo menos.
É o que farán Touri, Federico Pérez e Marta Doviro sobre os escenarios dos monólogos R 2024 co espectáculo ‘Ignorancia Artificial, nunca tal se vira’. Serán dous días para desfrutar con estes grandes do humor galego. A primeira parada terá lugar o domingo 25 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo, logo o espectáculo viaxará á Coruña para realizar dúas funcións no Auditorio Palexco o sábado 9 de marzo. As entradas poden conseguirse na web de R.
Ao longo destes anos os mellores monologuistas galegos pasaron por esta festa da comedia: David Amor, Isi, Pepo Suevos, Carlos Blanco, Javier Veiga, David Perdomo, Oswaldo Digón, Rober Bodegas, Lucía Veiga, Marcos Pereiro, Víctor Grande, Isabel Risco…
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán chega hoxe a Vilalba con ‘Moi Animal’
O Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá dúas funcións do novo monólogo do humorista, que aborda en clave de comedia a nosa relación cos animais e as contradicións da especie humana.
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.



