O espectáculo de Bibopalula ultima en Rianxo os preparativos para a súa estrea
O equipo do espectáculo, formado por máis de quince profesionais, traballa desde a pasada semana no auditorio municipal ensaiando a proposta infantil producida por Ainé e dirixida por Marta Lado.
Rianxo acolle desde a pasada semana a residencia técnica e artística do espectáculo de Bibopalula. O equipo do espectáculo ultima os deseños de son, iluminación e actorais, ademais do deseño e construción da escenografía, no auditorio da vila do Barbanza, grazas á colaboración do Concello.
O escenario do auditorio municipal é desde hai xa varios días o gran bosque no que Robin, Carpin, Merli e Pegui viven todo tipo de aventuras, que desde este sábado trasladarán aos teatros de toda Galicia. Antes, as nenas e nenos dos colexios públicos da localidade desfrutarán mañá xoves dunha preestrea, que servirá ao equipo de Bibopalula para coñecer as primeiras reaccións do público.
A proposta -o primeiro proxecto infantil que produce Ainé-, está dirixida por Marta Lado, acompañada por Martina Cambeiro no deseño de vestiario e as coreografías, Santi Jul e Iván Laxe no deseño de son e composición musical, Laura Mahía na dirección de arte, Banale na construción da escenografía, Gonzalo Porteiro no deseño de iluminación, e Cristina Andrade, Graciela Carlos, Nerea Rodríguez e Sara Ferro na interpretación dos catro personaxes da serie, aos que acompaña Lidia Veiga, a experta observadora de paxaros que protagoniza a peza. O equipo complétase con Elisa Martínez, Miguel Vázquez, Alba Gilda e Álvaro Pérez Becerra, ao cargo da produción.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.



