Carlos Blanco e Touriñán agasallan co filme de Somos Criminais a todas as residencias de maiores

Máis de trescentas copias do espectáculo que os cómicos rodaron o pasado mes de xuño sairon esta semana dirixidas a todas as residencias da terceira idade do noso país, para que desfruten os maiores xunto coas e cos profesionais dos centros.

Uns 60.000 espectadores encheron as butacas dos teatros para ver Somos Criminais, o traballo máis exitoso de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán sobre as táboas. Bateron todos os records de público en dúas xiras coas que percorreron Galicia en pouco máis dun ano, e a SGAE acreditouno: nunca antes un espectáculo vendera tantas entradas. Ano e medio despois, a pandemia permitiu aos actores recuperalo nun formato diferente. O pasado mes de xuño, máis de 10.000 espectadores seguiron unha emisión única en streaming da obra -a primeira en Galicia no ámbito das artes escénicas para a que era preciso mercar antes unha entrada-.

Este sensacional éxito non deixou de facer pensar a Carlos Blanco e a Touriñán sobre unha parte do público que case nunca ten a posibilidade de asistir aos teatros. Son as e os maiores que viven nas máis de trescentas residencias da terceira idade repartidas por todo o país, os lugares nos que a crise sanitaria se viviu con máis preocupación neste 2020 que remata.

Os actores decidiron durante as últimas semanas poñer en marcha unha iniciativa única: o envío de balde a todas as residencias de maiores dunha copia do filme de Somos Criminais, en formato digipack USB, acompañado dunha carta dirixida ás e aos responsables destes centros. Todo co obxectivo de que equipos de profesionais e residentes poidan pasar un momento agradable co espectáculo durante estas festas

Grazas ao apoio de Deleite, asumindo os custes de produción e envío, que se suma unha vez máis ás iniciativas sociais e culturais que pon en marcha Xosé A. Touriñán e a súa produtora, o filme chegará antes do remate do ano a todas as residencias de Galicia.

Esta é a carta que os actores enviaron ás residencias xunto co filme:

Entrada anterior
Fariña volve a Madrid desde o 17 de decembro
Artigo seguinte
Nacho Carretero e José L. Prieto contan como se adaptou ‘Fariña’ para o teatro

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Carlos Blanco e Touriñán agasallan co filme de Somos Criminais a todas as residencias de maiores
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.