Fariña volve a Madrid desde o 17 de decembro
O Teatro Alcázar, en pleno centro da capital, acollerá desde a próxima semana a adaptación teatral da obra de Nacho Carretero de mércores a domingo, logo do sensacional éxito do pasado mes de setembro nas Naves del Español.

A historia do narcotráfico seguirase contando sobre as táboas en Madrid desde a próxima semana. Fariña viaxe de novo fóra de Galicia, desta volta para iniciar un periodo de funcións que se prolongará, ao menos, ata finais do mes de xaneiro no Teatro Alcázar.
Xosé A. Touriñán, Sergio Zearreta, Cris Iglesias, María Vázquez e Marcos Pereiro subirán de novo ao escenario o próximo xoves 17 de decembro, aínda que durante a temporada completarán o elenco Víctor Duplá, Melania Cruz e Borja Fernández. As actrices e os actores ensaian durante esta semana en Galicia un espectáculo que se achega aos 30.000 espectadores logo dunha xira en Galicia e un mes nas Naves del Español, en Matadero.
A chegada de Fariña ao Teatro Alcázar anunciouse a finais do pasado mes de outubro logo do acordo entre as produtoras do espectáculo, a promotora LetsGo Company (The Hole, Dirty Dancing, Ghost…), e a distribuidora Matel Cultura.
As funcións terán lugar os mércores e xoves ás 20:00 horas, os venres ás 19:00 horas os sábados ás 17:30 e ás 20:00 horas, e os domingos ás 18:00 horas.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.


