‘Fariña’ remata unha aventura histórica en Madrid: máis de 6000 espectadores e o clamor da #CulturaSegura
O espectáculo representouse durante tres semanas nas Naves del Español, no medio de todas as incertezas pola situación sanitaria na capital. Convértese nun dos éxitos máis relevantes da historia do teatro galego fóra do noso país.

Os derradeiros bailes do elenco de ‘Fariña’ sobre a Galicia de Pimpinela despediron por todo na noite do domingo a aventura do espectáculo en Madrid. Desde o pasado 17 de setembro, máis de 6000 espectadores pasaron polas Naves del Español para gozar cunha peza que xa en Galicia conquistara ao público. Logo das sensacionais críticas e o rotundo éxito de afluencia na capital, a adaptación teatral de Tito Asorey sobre a obra de Nacho Carretero ten por diante todo o futuro sobre as táboas.
Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta, Cris Iglesias e Víctor Duplá conquistaron ao público coas decenas de personaxes que interpretan na obra ao público de Matadero, no que foi o primeiro espectáculo da temporada no teatro público madrileño. Centos de mensaxes nas redes sociais, críticas e reseñas nos principais medios de comunicación estatáis, e o habitual -e sempre efectivo- boca a boca entre os espectadores axudaron a que na práctica totalidade das funcións ‘Fariña’ colgara o cartel de entradas esgotadas.
Na derradeira función nas Naves del Español o elenco despediuse do público acompañado de Tito Asorey -director do espectáculo-, e de Nacho Carretero. No ambiente, o clamor que acompañou cada un dos pases desde o 17 de setembro, o da #CulturaSegura. A primeira viaxe de ‘Fariña’ a Madrid foi a das incertezas e os riscos, convertidos en sorpresas e emocións inesquecibles. Haberá máis.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán celebra o día dos namorados cunha función do seu monólogo en Madrid
Este sábado, Xosé A. Touriñán regresa ao Teatro Arlequín de Madrid cunha nova función do seu monólogo, dentro dunha xira estatal que percorrerá distintas cidades máis alá das nosas fronteiras.
Monólogo de Xosé A. Touriñán
Un monólogo que viaxará por todo o Estado, no que Xosé A. Touriñán mestura humor e experiencia vital para conectar co público desde a proximidade.
‘Territorio Regueifa’ presentouse onte en Carballo como un soño que chega ao escenario
A estrea absoluta de ‘Territorio Regueifa’, este venres 6 de febreiro no Pazo da Cultura de Carballo, foi presentada nunha rolda de prensa que puxo o foco na importancia de levar a regueifa ao teatro e de reivindicala como arte viva.


