“Es prácticamente perfecta”: a crítica teatral en Madrid encomia a Fariña

Logo das primeiras funcións, as diferentes críticas nos medios de comunicación da capital confirman o éxito da adaptación teatral da obra de Nacho Carretero, dirixida por Tito Asorey coa dramaturxia de José L. Prieto.

Resolto con éxito o reto de encher -ao menos as primeiras funcións- nas Naves del Español en plena pandemia, Fariña agardaba para esta fin de semana as primeiras críticas nos medios de comunicación de Madrid. O espectáculo funcionara en Galicia, e quedaba por comprobar o que parecería esta interpretación da historia do narcotráfico galego fóra das nosas fronteiras. E non se deu mal.

“Fariña hace que el espectador esté atento e interesado en todo momento, provocando que un simple pestañeo pueda convertirse en un error.” É o comezo da crítica de Javier Caminero na revista Nostromo, que apunta tamén o valor de, con poucos actores, abordar diferentes xéneros nas case dúas horas de espectáculo.

“Ese objetivo se cumple, además de por el destacable trabajo del reparto, gracias al buen uso de la puesta en escena sobre el escenario. El constante juego de luces y humo o las proyecciones de imágenes en una gran pantalla son solo algunos de los recursos que, además de adornar el entorno de la presentación, constituyen un marco contextual muy útil para los asistentes.”, apunta.

“La obra de Nacho Carretero y Tito Asorey es prácticamente perfecta. En unos cien minutos el público ríe mucho, canta, interactúa, aplaude y piensa en silencio. Creo que el muy recomendable producto final debería llegar en algún momento a los teatros de toda España. Lo merece. Sería el desenlace ideal para un grupo que cuenta y muestra a la perfección todo lo que supuso la droga que entraba por los 1498 kilómetros de costa que tiene Galicia.”

“No se la pierdan porque lo pasarán bien. Como en una verbena.”

Paula Coroto, na súa crónica en El Confidencial, fai un detallado relato sobre os diferentes momentos e os valores de cada un deles. “Ha salido una obra que juguetea con el esperpento teatral, saltimbanqui y satírico. Porque transcurre en esa ría que también vio nacer a Valle-Inclán.”

Twitter énchese de valoracións positivas do espectáculo

Logo da estrea, as redes sociais enchéronse ademais de comentarios e valoracións das e dos espectadores que asistiron ás primeiras funcións. En todos os casos felicitando o traballo actoral, de dirección e dramaturxia do equipo do espectáculo, e incidindo na dificultade de chegar a unha proposta deste tipo a partir dunha obra da que xa se coñecían outras adaptacións.

 


 


 


 


 


 

Artigo anterior
O xornalismo e a cultura en Madrid, na estrea de Fariña
Artigo seguinte
Fariña representarase no Teatro Colón da Coruña durante unha semana en novembro

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » “Es prácticamente perfecta”: a crítica teatral en Madrid encomia a Fariña