Os mellores agasallos para un Nadal criminal están xa á venda
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán sacan á venda unha liña de produtos sobre o seu espectáculo máis exitoso en colaboración con Rei Zentolo, que xa poden mercarse na tenda de aine.gal. Dous modelos de camiseta, un modelo de máscara, e a adaptación cinematográfica de Somos Criminais en formato USB, coa posibilidade de mercalo todo nun pack exclusivo.

Somos Criminais camiña aínda máis lonxe. Ao éxito do espectáculos nos teatros e á experiencia en streaming que o pasado mes de xuño congregou a máis de 10.000 persoas de 47 países ao outro lado das pantallas súmase agora unha liña de produtos, que os actores e Ainé Producións sacan á venda en colaboración con Rei Zentolo.
O agasallo estrela, o filme rodado en pleno confinamento no Auditorio da Illa de Arousa, baixo a dirección de Tito Asorey e Jairo Iglesias. Milleiros de persoas gozárono a través da rede, e agora chega en formato digipack USB para que cada quen poida revivilo en calquera pantalla.

As camisetas serán outra das sensacións nas compras do Nadal. Dous modelos deseñados por Rei Zentolo: “Sospeitosos”, baseado no cartaz do espectáculo, e “A Pesca”, que rememora unha das escenas máis aclamadas polo público da obra teatral. Están xa dispoñibles en talles de adultos e nenos/as.

Para completar o catálogo non podían faltar as máscaras. O deseño “Somier” permitirá asistir a calquera representación teatral con total seguridade, e rir debaixo do atractivo deseño baseado na escenografía de Somos Criminais.

Todos os packs poderán ser mercados a través da tenda de aine.gal, e nas próximas semanas tamén nas tendas de Rei Zentolo. Como promoción de lanzamento aplícase ás camisetas e ás máscaras un 25% de desconto, introducindo o código SULTAFAMOSPATACAIS, e un 10% de desconto no pack que inclúe todos os productos, introducindo o código TRAFICAMOSCONCAÑA.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán chega hoxe a Vilalba con ‘Moi Animal’
O Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá dúas funcións do novo monólogo do humorista, que aborda en clave de comedia a nosa relación cos animais e as contradicións da especie humana.
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.


