Somos Criminais: unha función única para ver desde a casa

10,00

O espectáculo de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, agora convertido en filme, chega aos fogares de todo o país para gozalo desde o sofá. En formato digipack USB, para gozar na tele ou en calquera outro dispositivo. Unha película rodada sobre as táboas baixo a dirección de Jairo Iglesias e Tito Asorey cun tratamento cinematográfico único, co que na estrea en streaming, o pasado mes de xuño, gozaron máis de 10.000 espectadores en todo o mundo.

Temos unha cultura criminal propia? Delinquimos como galegos? Para responder a estas preguntas, Carlos Blanco e Touriñán analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego. A conclusión é clara: Somos Criminais.

Os pedidos comezarán a enviarse o 15 de decembro. Os prazos de envío dependen do destino, poderás consultalos cando introduzas a túa dirección no Carriño.
Category:
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!