“Somos Criminais” converteuse hai dous anos no espectáculo co maior número de entradas vendidas da historia do teatro en Galicia. Agora volve con novas funcións e unha edición limitada de camisetas deseñadas por Rei Zentolo.
O modelo “Sospeitosos” está baseado no popular cartaz do espectáculo. Dispoñible en talles para adultos e nenos/as.
Información sobre o envío
Enviamos os pedidos na nosa tenda nun máximo de 48 horas, a contar desde o primeiro día laborable logo da compra, agás para Baleares, Canarias, Ceuta, Melilla e fóra de España. O prezo do envío é de 5€, agás para compras superiores aos 50€, nas que é gratuíto.