Portada » Espectáculos »

Agora en serio
Xosé A. Touriñán · Marcos Pereiro
SINOPSE
Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro celebran con este espectáculo o seu quince aniversario como dúo cómico e unha traxectoria de creación de personaxes que, desde os escenarios e a pequena pantalla, foron quen de entrar no imaxinario colectivo de todo un país: dúas irmás dispostas a contar todas e cada unha das anécdotas da súa aldea, un par de cociñeiros con formas moi diferentes de entender o seu oficio, ou dous amigos que pasaron moito, moito tempo xuntos nos últimos anos… Todos eles son os protagonistas dun espectáculo inédito no que “os dous de sempre” pretenden facer un singular percorrido por quince anos de humor.
Estreado en Noia no 2017
EQUIPO
- Elenco
Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro - Dirección
Evaristo Calvo - Textos
Manuel Cortés, Marcos Pereiro, Xosé Touriñán, Evaristo Calvo - Vestiario
Laura Baena - Iluminación
Raúl Giraldo - Escenografía
Suso Montero - Música
Marcos Pereiro







