‘Agora en serio’ inaugura a súa primeira xira con dous cheos en Noia e Lugo
O Coliseo Noela de Noia e o Gustavo Freire de Lugo colgaron os carteis de ‘entradas esgotadas’ para a estrea do novo espectáculo de Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán a pasada fin de semana.

Unha nova xira en marcha, a dun proxecto novo, un moi especial para Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán. ‘Agora en serio’ estreouse esta pasada fin de semana en Noia e Lugo con dous cheos rotundos para deixar ben claro que os cómicos cullerdenses están na mesma boa forma que hai tres, sete ou doce anos. Espontáneos coma o primeiro día, directo como o público agarda deles, e sutiles nas improvisacións coas que un xa debe contar cando merca a entrada para un dos seus espectáculos.
Case dúas horas de humor nas que non faltou de nada: as orixes, teatro clásico, personaxes inéditos, e por suposto, un pouco do máis coñecido polo público, que ata chegou a emocionar nestas dúas primeiras funcións, que abren unha xira de nove datas que levará a Os Dous de Sempre ata O Carballiño, Cangas, Compostela, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía e A Coruña (todas as datas pódense consultar na web www.agoraenserio.gal).
Con pechadas ovacións despediron nesta primeira fin de semana de ruta o público a Marcos e Touriñán. Boas sensacións que abren a porta a outros quince anos (ou se cadra máis) de bo humor.
NOTICIAS RELACIONADAS
Unha nova etapa para ‘Territorio Regueifa’
O espectáculo de Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira ofrecerá tres funcións durante esta fin de semana en Barakaldo e Laudio. Será a primeira vez que a proposta saia de Galicia desde a súa estrea en febreiro.
Zaragoza, a próxima parada do humor de Touriñán
O humorista actuará este sábado no Teatro de las Esquinas, nun percorrido que o levará de novo a Madrid en novembro. A xira continuará en 2027 con novas funcións en Madrid, Valencia, Santander e León.
A xira de ‘Moi Animal’ continúa colgando o cartel de esgotado
A nova proposta de Xosé A. Touriñán estará este venres 30 de outubro no Auditorio Municipal de Ourense, con dous pases, ás 20.30 e ás 23.00 h. A resposta do público continúa acompañando a xira, que xa ten varias funcións completas nas próximas semanas.


