Sergio Pazos, Pepo Suevos, David Perdomo e Víctor Grande, protagonistas dos Monólogos R
Durante os meses de maio e xuño a empresa de telecomunicacións propón aos seus clientes un plan ao que non é doado renunciar: unha noite de humor con algúns dos mellores monologuistas de Galicia. Ribadeo, Cee, Lalín, O Carballiño, Boiro, Carballo e Xinzo son, desta volta, as localidades escollidas.

Hai xa cinco anos que a empresa de telecomunicacións R tivo unha gran idea: convidar aos seus clientes a unha noite de humor con algúns dos mellores monologuistas de Galicia. Nomes como Oswaldo Digón, Xosé A. Touriñán, Rober Bodegas, Federico Pérez, David Amor, Isabel Risco, Isi, Marcos Pereiro ou Javier Veiga compartiron escenario ao longo de todo este tempo cunha R branca que xa conta por centos os quilómetros percorridos polos teatros e auditorios de media Galicia.
Ribadeo, Cee, Lalín, O Carballiño, Boiro, Carballo e Xinzo son as localidades escollidas desta volta, nunha xira que desde finais de abril protagonizan os humoristas Pepo Suevos, David Perdomo e Víctor Grande, con Sergio Pazos no papel de mestre cerimonias dun espectáculo de hora e media de duración no que non falta de nada.
R convida aos seus clientes, aínda que en ocasións abre ao público en xeral a asistencia a estes espectáculos, completamente de balde, distribuindo os convites nas súas tendas.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


