‘Vila de Cruces, Vila de Cruces, onde hai máis galos que avestruces’
Xosé Antonio Touriñán uniuse o pasado domingo a unha das festas gastronómicas máis emblemáticas do país, cun pregón no que repasou algúns acontecementos históricos descoñecidos ata para os propios veciños…

Na Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces puxo na mañá do pasado domingo Xosé A. Touriñán punto e final ao calendario de pregóns no mes de maio, logo de visitar tamén hai unhas semanas Melide para falar, diante de veciños e autoridades, das virtudes do melindre.
En Vila de Cruces tocaba un prato menos doce pero tanto ou máis sabroso. O pregón de Touriñán foi todo un percorrido pola historia da localidade no papel dun historiador ben informado sobre cousas que nin os máis vellos do lugar coñecían. Por suposto, todas ou case todas relacionadas co galo de curral.
Ao rematar o pregón, o actor cullerdense posou cos veciños durante case media hora para inmortalizar nas cámaras e teléfonos o recordo do domingo de festa.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.


