Touriñán e Marcos Pereiro despiden o seu aniversario coas últimas datas de ‘Agora en serio’

Para os que seguen a Touriñán e a Marcos Pereiro desde as súas primeiras aparicións televisivas, no Supermartes, cando aínda eran as Cantareiras de Verdillo, ou xa no Luar, resulta non só entretido, tamén emocionante. Agora en serio, un espectáculo exclusivo que entre o dramaturgo Manolo Cortés, o actor e director Evaristo Calvo e os propios protagonistas prepararon para celebrar os quince anos xuntos dos actores cullerdenses, volve aos escenarios coas últimas datas dunha xira que comezaba en Noia no mes de maio, e que contou por milleiros os espectadores ás funcións que na primavera tiveron lugar nas grandes cidades galegas.
Burela, Ourense, Vimianzo, Verín, Ponteareas e Ferrol completarán o cartel da derradeira volta deste repaso sobre o escenario ao que durante estes quince anos fixeron Touriñán e Pereiro, co común denominador da comedia e o bo humor.
Burela será a primeira parada desta xira de outono, o 22 de setembro. Para esta primeira cita as entradas venderanse desde este venres en Ataquilla, a Biblioteca Municipal e o bar O Traste.
Ao día seguinte Agora en serio estará no Teatro Principal de Ourense, coas entradas á venda en Ataquilla, e unha función prevista para as 21.00 horas.
O 30 de setembro Touriñán e Pereiro achegaranse a Vimianzo, para actuar na Casa da Cultura tamén ás 21.00 horas, e xa a fin de semana do 7 e o 8 de outubro as cita serán no Auditorio de Verín e en Ponteareas, no Auditorio Reveriano Soutullo, ás 20.00 horas, respectivamente.
A xira rematará en Ferrol, o mércores 11 de outubro, cunha función prevista para as 22.00 horas, con entradas xa á venda a través de Ataquilla.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.


