Portada » Espectáculos »

A culpa é do sistema
SINOPSE
Os cómicos Federico Pérez e Pepo Suevos quixeron facer do público o principal protagonista do espectáculo. Así, este poderá escoller entre varias opcións cada vez que se formule unha nova situación sobre o escenario e os atrevidos actores terán que adaptar os contidos da obra á demanda do respectable. O público marcará desde as súas butacas os temas a tratar no escenario, provocando improvisadas críticas sobre acontecementos da actualidade. A vida política, o día a día dunha escola ou as horas mortas dos xubilados. Todo.
Estreado no 2018


