Portada » Espectáculos »

Manolo Lojo
SINOPSE
Manolo Lojo é a personaxe inventada por Xosé A. Touriñán. Un home que só ten claro que quere suicidarse é o argumento arredor do cal o protagonista conta os pormenores da súa vida. Manolo ten ás súas costas unha tráxica historia que acabou sendo un curioso relato sobre como superar calquera tipo de dificultade. Un nacemento prematuro, o falecemento de todos os seus irmáns ou a chegada dun tío cun algúns problemas desde a Arxentina foron algúns dos que tivo que enfrontar na súa vida.
Estreado no 2008





